José Antonio Arán Trillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1936 Santiago de Compostela, España |
Morte | 16 de agosto de 2018 (82 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Cargos Secretario do Colexio Médico de Santiago, Secretario da Academia Médico-cirúrxica, Representante dos médicos libres no Consello Xeral de Colexios Médicos, Presidente en Santiago da UCD, Responsábel do CDS en Galicia. | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Licenciado en Medicina e Cirurxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Médico especialista en Obstetricia e Xinecoloxía |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel Romero García |
Fillos | Eduardo, Javier, Jorge, Sabela |
José Antonio Arán Trillo nado o 1 de febreiro de 1936 en Santiago de Compostela[1] e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2018,[2][3] foi un médico e, por breve tempo, político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Arán Trillo realizou os seus estudos primarios e secundarios primeiro na academia Zubeldía da Carreira do Conde e despois no colexio Sciencia, cursado a Licenciatura en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, etapa na que foi membro da tuna, onde fortaleceu a súa vocación musical, que cultivou posteriormente tocando o contrabaixo.[2]
Actividades na medicina
[editar | editar a fonte]Especializado en obstetricia e xinecoloxía abriu unha consulta particular en Santiago. Con ideas avanzadas da súa especialidade —mostourse sempre partidario do control da natalidade e dos medios anticonceptivos—, recoñecía ter contabilizado até moi a principios da década dos anos 1990 todos e cada un dos partos que atendera, e daqula eran vinte mil en máis de trinta anos de profesión. Tamén desempeñou cargos directivos no Colexio Médico a na Academia Médico Cirúrxica de Santiago, así como no Consello Xeral do Colexio Médico de España.[2]
Actividades na política
[editar | editar a fonte]Despois da morte de Franco, Arán foi unha das figuras claves da política galega da transición, aínda que se mantivo en primeira liña da súa profesión pese ás dificultades, por el mesmo recoñecidas, de dedicarse a ambas as actividades. Hai uns anos recordaba, nunha entrevista, ese difícil equilibrio, e non se arrepentía deixar a política «tal como está evolucionando, encóntrase un moito mellor fóra». O protagonismo de Arán Trillo na política galega desenvolveuse sempre no centrismo. Foi un dos homes da máxima confianza de Adolfo Suárez en Galicia, primeiro a Unión de Centro Democrático, partido do que foi presidente en Santiago, e despois no Centro Democrático e Social, como máximo responsábel en Galicia. Na última etapa do CDS, coa figura política do expresidente do Goberno en decadencia e tras sucesivos reveses electorais que, segndo el mesmo recoñeceu, deixárlle «un poso de decepción», Arán Trillo abandonou a política pese a ter ofertas para continuar en activo noutras formacións.[2]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]José Antonio Arán Trillo estivo casado con Isabel Romero García coa que tivo catro fillos: Eduardo (médico), Javier (biólogo), Jorge (piloto) e Sabela (actriz).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Feliciano Barrea 2002, p. 38.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Soler, Xoán A. (18 de agosto de 2018). "Luto en Santiago por el fallecimiento del ginecólogo y expolítico José Antonio Arán Trillo". La Voz de Galicia.
- ↑ ECG, sn (16 de agosto de 2018). "Luto por el fallecimiento del ginecólogo José A. Arán Trillo". El Correo Gallego. Consultado o 26 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Feliciano Barrea, ed. (2002): Gallegos: quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. ISBN 84-8084-113-4.